xoves, 25 de maio de 2017

FANDANGO DE BETANZOS

Estamos a aprender esta cantiga:


Inda que non digan, xa sei donde van
polas ferramentas que levan na man,
non son ferramentas para ir a segar
que son empanadas para ir merendar.

E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.

Con fogos e gaitas agarda a xente
todos aparcados na beira da ponte
van chegando as lanchas, con moita ledicia
todas alumadas, qu eparecen día.

E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.

venres, 19 de maio de 2017

MÚSICA POLAS LETRAS GALEGAS

A orquestra do Vales, pandereteiras e guitarras encheron con música galega o patio do cole para festexar o día das Letras Galegas. Bravo, bo traballo!

                             
  
   


martes, 16 de maio de 2017

O valse de Amélie


Premede na imaxe para acceder á nova canción que estamos a aprender nas clases coa frauta: "O valse de Amélie" da BSO da película "Amélie".








martes, 9 de maio de 2017

SOMBRAS CHINESCAS

Aquí tedes as posicións na flauta das notas que aprendemos este curso, recordade que os buratos en negro representan os buratos que hai que tapar, coa man esquerda, os buratos en branco son os que hai que deixar destapados. Ánimo, practicade soprando suave 2 minutiños cada día.





sábado, 6 de maio de 2017

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...