martes, 23 de xaneiro de 2018

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Cantiga para a Paz


Irmaus
Cantiga para o día da Paz
Camiñan ó meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis aló das sabanas e das illas,
como un irmau che falo(bis)
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos soños son iguales,
como un irmau che falo(bis)
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo(bis)

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos berros son iguales,
como un irmau che falo(bis)

Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo(bis)

 Común témo-la patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou, é mau de irmau
como un irmau che falo.

 Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo.

Se sintes en probeza,se sofres inxusticia, se cheo de rabexa encirras a cobiza do teu peito can ,pra ti, chea de forza, vai miña mao irmán

Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (cantada por Fuxan os Ventos)




Danza circular celta

Imos aprender esta danza en 4º, espero que vos guste.


xoves, 11 de xaneiro de 2018

Cantiga nº 100 Santa María

Imos aprender esta cantiga de Alfonso X "O Sabio"

Alfonso X “O Sabio” coa súa corte poético-musical (século XIII)



Partitura do século XIII









luns, 8 de xaneiro de 2018

A máquina de escribir de Leroy Anderson.

Imos traballar a obra "A máquina de escribir" do compositor americano Leroy Anderson. Premede na imaxe para acceder ó wix que contén os vídeos, a información e o musicograma. 

  https://mariamartinezrico1.wixsite.com/amaquinadeescribir

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...