xoves, 15 de outubro de 2020

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén.

                                                                     

          3º                                                                                                    4º


Recordade traer para a semana que vén unha tapa dunha caixa para practicar o ritmo do pandeiro cadrado que aprendemos.

sábado, 26 de setembro de 2020

Aula Virtual

 Como xa vos explicamos en clase, este curso imos ter todo o traballo de cada semana na aula virtual, para que poidades seguir as clases dende casa, repasar as actividades que fixemos ou facer as fichas interactivas que vos vaiamos poñendo.

Tedes que entrar na páxina do cole:

Google>Ceip Vales Villamarín>Aula virtual>elexides o vosos curso>música, ai atoparedes o libro do 1º trimestre coas actividades da clase. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/


xoves, 18 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Bueno, xa chegou! Remata este curso tan diferente... Queremos felicitarvos,  tanto a vós como ás vosas familias, fostes uns auténticos campións.
Agora chega o verán e toca descansar, tédelo merecido. Aproveitade todo o posible e collede forzas para o próximo curso no que espero que poidamos cantar, bailar e tocar xuntos de novo.

Deixámosvos una estrofa desta bonita cantiga de Luar na Lubre como despedida. Pincha na imaxe.

Ai vos vai a despedida
Ai vos vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira


https://youtu.be/FuiC6oAhPZ0?t=190

  Unha aperta das vosas profes de música!! Feliz verán!!

FLAUTISTAS 2ºA

Buscando, buscando ,rescatei estes vídeos de hai anos, nesta entrada e nas seguintes podedes ver o ben que o facían xa sendo tan pequenos, os compañeir@s de 6º, que marchan para ao instituto. A ver se os coñecedes.



RONDÍN PICOTÍN


SOUVENIR DE VALS



CON BOMBAS DE HARINA




FLAUTISTAS 2º B


PERCUSIONISTAS 1ºD

CAMPANITAS
DEBAJO DE UN BOTON

FLAUTISTAS 2ºC

RONDÍN PICOTÍN



SOUVENIR DE  VALS


Súper Flautistas 2º E

SOUVENIR DE VALS



CON BOMBAS DE HARINA



RONDIN PICOTIN




O baile do Pingacho

Recuperamos este vídeo de hai 6 anos para aprender este baile tan divertido. Coñecedes a alguén?

1º D


2º D O baile do Pingacho


A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







domingo, 14 de xuño de 2020

Repasamos os instrumentos da Orquestra

Hoxe imos repasar os instrumentos da orquestra vendo este vídeo da guía orquestral para xóvenes de Britten e contestando ás preguntas que van aparecendo. Esperamos que vos guste.


luns, 8 de xuño de 2020

Trivial Musical

Apetéceche un trivial musical?

Nivel 1                                                                                            Nivel 2
https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html


mércores, 3 de xuño de 2020

Cales son os teus gustos musicais??


Mirade este vídeo e prestade atención aos diferentes XÉNEROS MUSICAIS que vos amosamos.

OLLO!! Hai un sen nome. A ver quen de vós sabe de que xénero se trata. Douvos unha pista: ten moito que ver coa PDI "Eu son Galicia". Podes deixar un comentario se o sabes. 



Xa sabedes que existen un montón de xéneros musicais e cada quen ten uns gustos diferentes. Entra nesta ficha interactiva e amósanos cales son os teus. Nesta ocasión ao terminar soamente teredes que por o voso NOME + APELIDOS e CURSO + GRUPO,  e xa nos chegarán as vosas respostas. Sorprendédenos!!!!!




domingo, 24 de maio de 2020

PRACTICAMOS RITMOS

Esta semana, imos repasar e practicar os ritmos.



Agora da palmas ao ritmo, podes dicir as sílabas ta e titi, facer as negras cos pés e a s corcheas coas mans....






Tamén imos bailar un pouco, a ver se vos acordades!



Por último faremos esta ficha de recoñecer ritmos. Enviádema ao correo colevales.edmusical@gmail.com (Ana)
 5e.coronavirus@gmail.com (María)

mércores, 20 de maio de 2020

Himno de Galicia

Se pinchades na seguinte imaxe poderedes  aprender un poquiño sobre o Himno Galego, a súa historia, autores, música e partitura.



Imos practicar a linguaxe musical con esta ficha interactiva. Cando rematedes podedes mandala ao correo da vosa profe de música
Ana:  colevales.edmusical@gmail.com
María:  5e.coronavirus@gmail.com

Himno galicia, una ficha interactiva de amvillanueva
liveworksheets.com


Se vos apetece aprender a tocar o himno coa frauta é moi sinxelo, mirade o video e intentádeo. Encantaríanos poder tocar todos xuntos, pero de momento non pode ser...  se queredes mandádenos o vídeo do concerto ao correo.
Ana:  colevales.edmusical@gmail.com
María:  5e.coronavirus@gmail.com




luns, 18 de maio de 2020

A palabra ten vida

Este pasado domingo 17 celebrouse en Galicia O "Día das letras galegas". Este ano como ben sabedes adicouse ao escritor Carvalho Calero. 

Para celebralo imos escoitar esta canción de Paco Nogueiras que realizaron xs nenxs dun cole de Viveiro hai uns aniños para celebrar este día. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS!!!!


xoves, 14 de maio de 2020

O traxe das Mariñas



  Imos profundizar un pouquiño no traxe galego, centrándonos nos da nosa zona, a zona das Mariñas. Contamos co material que nos proporcionou a Escola Municipal de Folklore  e que podedes ver nestas imáxenes. Ademais un dos modelos é un neno do noso cole ; ) Graciñas mil.





Se pinchades nesta fermosa imaxe do Museo das Mariñas, poderedes xogar e aprender.  Podedes entrar como convidados.



A continuación podemos ver se nos quedaron claras algunhas das partes do traxe con esta ficha interactiva.



domingo, 10 de maio de 2020

Repasamos

Esta semana imos repasar un pouquiño as notas, instrumentos e figuras... Podedes facer a seguinte ficha interactiva e enviala ao correo colevales.edmusical@gmail.com co voso nome completo e curso. Por exemplo AnaVillanueva 4ºA

venres, 8 de maio de 2020

Mozart e Beethoven

Hoxe imos coñecer un pouquiño máis sobre W. A. Mozart e L.van Beethoven. Podes escoitar algunhas das súas composicións. Mira os enlaces que che van encantar. Picha na imaxe e accede ao PDF.



Canto sabes de compositores?


Facede este xogo, solo os de 4º, poñendo o curso e o nome por exemplo 4ºA Ana Villanueva. Facédeo só unha vez, despois de ler e escoitar os enlaces da entrada dos compositores (Mozart e Beethoven)



xoves, 7 de maio de 2020

Canto sabes de compositores?

Facede este xogo, solo os de 3º, poñendo o curso e o nome por exemplo 3ºA Ana Villanueva. Facédeo só unha vez, despois de ler e escoitar os enlaces da entrada dos compositores (Mozart e Beethoven)



Evolución da forma de bailar

Neste simpático vídeo podedes ver como evolucionou a danza dende 1950 ata agora. Cal vos gusta máis? que vos parece? deixade os vosos comentarios co voso nome e curso.

Colle algo para petar e toca conmigo!!!


Que tes na casa que se pareza a un instrumento. Busca que algo pola cociña haberá e interpreta esta peza de Mozart, lembras quen é? 



CON BOMBAS DE HARINA 2º



Xa dominas o "do"??? pois proba con esta peza. Primeiro escoitaa e logo toca a partitura!! Cando xa che saia podes gravarte e ensinarma se queres!!!!



venres, 1 de maio de 2020

OS MAIOS


"Os Maios" en Betanzos
No ano 2009 recuperáronse "Os Maios" en Betanzos.
O alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF), xúntase desde ese ano para cantar os maios o día 1 de maio, nunha das feiras máis importantes de Betanzos. O Vales tamén os acompañou algún ano.
Hoxe, non imos a sair con nosos arcos todos cheos de flores, debido á situación que estamos a vivir.
Dende a EMuF  quixeron ter este recordo neste día tan especial para toda a nosa xente de Betanzos e de fora de Betanzos. Se pinchades na foto poderedes ver un fermoso vídeo.

Feliz día dos Maios 



II

Este noso maio é o mes das flores
cando os paxariños cantan ledos os seus amores (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco.

Dúrmete miña neniña que os paxariños calaron
despertaranche as rosiñas, rosiñas do noso maio
rosiñas do noso maio, aila lelo aila lala lala

Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco







xoves, 23 de abril de 2020

Repasamos jugando

Durante esta semana vamos a repasar las notas musicales con este juego de kahoot. Debéis pinchar en la imagen de abajo, cuando os pida el nickname debéis poner vuestra clase y nombre, por ejemplo: 4ºD Ana Villanueva.
Así podremos ver cómo va esa lectura.

https://kahoot.it/challenge/04619509?challenge-id=2f6f9512-9d48-45f7-ad9f-abe336c90388_1587980661028

También vamos a repasar, jugando con kahoot, los nombres de instrumentos . Tenéis el juego pinchando en la siguiente imagen, introduce también tu curso y nombre.

https://kahoot.it/challenge/06800289?challenge-id=2f6f9512-9d48-45f7-ad9f-abe336c90388_1587640962084

PASAPALABRA DE INSTRUMENTOS

Bo día! Aquí tedes un xogo para repasar os instrumentos musicais. Desliza a imaxe cara abaixo para comezar.

luns, 20 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

luns, 13 de abril de 2020

A saia de Carolina

Bo día, para esta semana imos aprender a interpretar na frauta e/ou carillón esta coñecida melodía. Aquí vos deixamos a partitura completa.




Aquí tedes tamén a partitura coas notas postas debaixo, só para aqueles que lles faga falta de verdade ;)



Tamén vos deixamos un vídeo para que vos resulte máis sinxelo aprender a melodía. Ánimo!!!




Se pinchades na seguinte imaxe podedes facer unhas entretidas actividades sobre esta melodía



Aquí vos deixamos varias versións desta coñecida canción, animádevos a cantar en familia.







venres, 3 de abril de 2020

MELODÍA GALEGA

Aí vai outra melodía galega, a a ver se a recoñecedes. Espero que vos animedes a intentar facer melodías cos vosos vasos, é moi doado, só tedes que ir probando como varía o seu son ao enchelo de auga.

 Podedes poñer o título nos comentarios, recordade poñer o voso nome e curso.

Retrouso


Estrofa

xoves, 2 de abril de 2020

Xogo para repasar os instrumentos

Aquí tedes este encrucillado para recordar os nomes dos instrumentos. No primeiro tedes as imaxes e no segundo só as definicións.
Esperamos que vos gusten. #quedanatuacasa.

Recoñece os instrumentos pola súa imaxe




 Adiviña de que instrumento se trata só cunha definición.

 

luns, 30 de marzo de 2020

"Dime que fixeches"

Estamos seguras que estes días ficeches un montón de cousas! Serán tan divertidad coma estas??? Veña! A cantar e a bailar con Migallas.

E ti! Que fixeches???



venres, 27 de marzo de 2020

VASOS MUSICAIS

Ola! Como ides coa corentena? espero que o estedes levando o mellor posible, xa queda menos, ánimo. Nós estivemos facendo a actividade dos vasos musicais que vos propuxemos, a verdade é que nos quedou bastante ben, tamén hai que ter en conta que teño moi bos axudantes. Anímovos a que o intentedes vós, pasaredes un bo rato!

Escoitade a melodía do vídeo a ver se adiviñades a canción. Podedes poñer a resposta en comentarios, acordádevos de poñer o voso nome, vale?




Juegos de Ritmos

Hoxe propóñovos facer unha batería con algunha cousa que teñades por casa, para poder seguir practicando os ritmos que miramos en clase.


Que di Simón??


Estás preparad@ para xogar con Simón?



https://www.cokitos.com/juego-simon-dice-online-gratis/play/

Memoria musical

Non sabes que facer... Xogamos??


lhttps://www.cokitos.com/juego-memoria-musical-piano/play/

xoves, 26 de marzo de 2020

Vasos musicales


Os apetece probar y construir un instrumento? Pues sólo necesitáis unos vasos, agua y si queréis podéis echar pintura para que cada nota tenga su color. Una vez afinado, prueba a tocar las melodías que hemos aprendido este curso.Mirad este video, es muy fácil y divertido.


mércores, 25 de marzo de 2020

AMORIÑOS COLLÍN


Ola a todos, como vai esa cuarentena? Espero que o levedes o mellor posible. Propóñovos que collades a frauta, carillón, teclado, violín... e repasedes esta melodía do primeiro trimestre.
                                                                 
                                                  "Amoriños collín
 na beiriña do mar,
amoriños collín 
non os podo olvidar.
Non os podo olvidar, 
non os podo olvidar
amoriños collín 
na beiriña do mar."






martes, 17 de marzo de 2020

Ed. Musical

Durante este tempo no que estaremos sen asistir ao centro é unha ocasión fantástica para facer actividades musicais en familia, non vos parece? Propoñémosvos que aproveitedes para facer algunha destas actividades cada día:

1. Bailar. Repasade os bailes que aprendemos no cole e que os vosos pais vos ensinen outros bailes.

2. Cantar. Ensinádelle algunha cantiga aos vosos pais e que eles vos ensinen algunha a vós.
3. Tocar un instrumento: frauta, carillón, cunchas, pandeireta, tambor, cazuelas, batería reciclada...

No vales musical podedes atopar moitas ideas e xogos para repasar algo de linguaxe musical, instrumentos... e iremos subindo máis suxerencias.

luns, 16 de marzo de 2020

Aprendendo a bailar a muiñeira

Apetécevos aprender a bailar a muiñeira en familia? Seguro que resulta moi divertido, poñede o vídeo e a bailar.



Repasamos as notas no pentagrama

Nestes días seguro que tes tempo para repasar as notas no pentagrama con estes xogos


APRENDEMOS AS NOTAS DA ESCALA

Imos aprender as notas da escala musical. Se pinchas na imaxe atoparás xogos para que sexa máis divertido. No menú da esquerda podes atopar máis xogos musicais.



PEDRO Y EL LOBO

Este conto musical é moi interesante, moitos xa o coñecedes pero seguro que vos gusta recordalo.




DESCUBRIENDO PEDRO Y EL LOBO


domingo, 8 de marzo de 2020

ALALÁ DE BETANZOS




ANQUE CHE SON DAS MARIÑAS
ANQUE CHE SON MARIÑÁN
OS ZAPATIÑOS DE SEDA
I-OS CORDONCIÑOS DE LAN


A RAÍS DO TOXO VERDE
É MOI MALA DE ARRANCAR
OS AMORIÑOS PRIMEIROS
SON MOI MALOS D´OLVIDAR

sábado, 1 de febreiro de 2020

luns, 13 de xaneiro de 2020

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...