No ano 2009 recuperáronse "Os Maios" en Betanzos.
O alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF), xúntase desde ese ano para cantar os maios o día 1 de maio, nunha das feiras máis importantes de Betanzos. O Vales tamén os acompañou algún ano.
Hoxe, non imos a sair con nosos arcos todos cheos de flores, debido á situación que estamos a vivir.
Dende a EMuF quixeron ter este recordo neste día tan especial para toda a nosa xente de Betanzos e de fora de Betanzos. Se pinchades na foto poderedes ver un fermoso vídeo.
Feliz día dos Maios

II
Este noso maio é o mes das flores
cando os paxariños cantan ledos os seus amores (tres)
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco.
Dúrmete miña neniña que os paxariños calaron
despertaranche as rosiñas, rosiñas do noso maio
rosiñas do noso maio, aila lelo aila lala lala
Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche (tres)
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
Ningún comentario:
Publicar un comentario