Inda que non digan, xa sei donde van
polas ferramentas que levan na man,
non son ferramentas para ir a segar
que son empanadas para ir merendar.
E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.
Con fogos e gaitas agarda a xente
todos aparcados na beira da ponte
van chegando as lanchas, con moita ledicia
todas alumadas, qu eparecen día.
E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario