mércores, 17 de xaneiro de 2018

Cantiga para a Paz


Irmaus
Cantiga para o día da Paz
Camiñan ó meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis aló das sabanas e das illas,
como un irmau che falo(bis)
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos soños son iguales,
como un irmau che falo(bis)
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo(bis)

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos berros son iguales,
como un irmau che falo(bis)

Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo(bis)

 Común témo-la patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou, é mau de irmau
como un irmau che falo.

 Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
entendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo.

Se sintes en probeza,se sofres inxusticia, se cheo de rabexa encirras a cobiza do teu peito can ,pra ti, chea de forza, vai miña mao irmán

Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (cantada por Fuxan os Ventos)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...