LACÓN
CON GRELOS
Moi
boas tardes teñan vostedes
cantarlles
vimos unha canción,
vimos
cantarlles para alegrarlles
e
pra comerlles catro lacóns.
Si
nos dan cuartos non llos queremos
porque
non somos tan pedichóns
nós
só queremos lacón con grelos
e
unhas pouquiñas papas de arroz.
Aquí
lle somos de moi bo dente
comemos
todo canto nos dán
polos,
cacheira, raxo e xurelos
lacón
con grelos e mazapán.
Si
nos dan cuartos non llos queremos
porque
non somos tan pedichonas
nós
só queremos lacón con grelos
arroz
con leite e unhas filloas.
Nós
non gostamos do pan sequiño
e
só con viño pode pasar
escoiten
temos a gorxa seca
e
non podemos despois cantar
Si
nos dan cuartos non llos queremos
porque
non somos tan pedichóns
nós
só queremos lacón con grelos
arroz
con leite e unhas filloas.
Si
nos dan cuartos non llos queremos
porque
non somos tan pedichóns
nós
só queremos lacón con grelos
e
unhas pouquiñas papas de arroz. (x3)
Ningún comentario:
Publicar un comentario