luns, 28 de novembro de 2016

CARILLÓN DE CORES


Queridos  Reis Magos/ Papá Noel,  este é o carillón que temos no cole para tocar. Ten as notas de cores (DO vermello, RE laranxa, MI amarelo, FA verde, SOL azul...) e soa moi ben.



TOCA O PANDEIRO MANUEL



Toca o pandeiro Manuel,
e que non falte alegría!.(BIS)
Que esta noite nacerá Xesús
fillo da Virxe María.(BIS)

E tiña que estar e tiña que haber
algún galeguiño preto do recén
Preto do recén no podía faltar
algún galeguiño para aturuxar (bis)

Mira que bonito está,
dá gloria velo na cuna!(bis)
Un boi lle está a dar o seu calor
e as pallas cómeas a mula. (bis)

E tiña que estar e tiña que haber
algún galeguiño preto do recén
Preto do recén no podía faltar
algún galeguiño para aturuxar (bis)


martes, 22 de novembro de 2016