Amosando publicacións coa etiqueta 2º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º de Primaria. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Bueno, xa chegou! Remata este curso tan diferente... Queremos felicitarvos,  tanto a vós como ás vosas familias, fostes uns auténticos campións.
Agora chega o verán e toca descansar, tédelo merecido. Aproveitade todo o posible e collede forzas para o próximo curso no que espero que poidamos cantar, bailar e tocar xuntos de novo.

Deixámosvos una estrofa desta bonita cantiga de Luar na Lubre como despedida. Pincha na imaxe.

Ai vos vai a despedida
Ai vos vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira


https://youtu.be/FuiC6oAhPZ0?t=190

  Unha aperta das vosas profes de música!! Feliz verán!!

O baile do Pingacho

Recuperamos este vídeo de hai 6 anos para aprender este baile tan divertido. Coñecedes a alguén?

1º D


2º D O baile do Pingacho


A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







luns, 8 de xuño de 2020

Trivial Musical

Apetéceche un trivial musical?

Nivel 1                                                                                            Nivel 2
https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html


luns, 18 de maio de 2020

A palabra ten vida

Este pasado domingo 17 celebrouse en Galicia O "Día das letras galegas". Este ano como ben sabedes adicouse ao escritor Carvalho Calero. 

Para celebralo imos escoitar esta canción de Paco Nogueiras que realizaron xs nenxs dun cole de Viveiro hai uns aniños para celebrar este día. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS!!!!


xoves, 14 de maio de 2020

O traxe das Mariñas



  Imos profundizar un pouquiño no traxe galego, centrándonos nos da nosa zona, a zona das Mariñas. Contamos co material que nos proporcionou a Escola Municipal de Folklore  e que podedes ver nestas imáxenes. Ademais un dos modelos é un neno do noso cole ; ) Graciñas mil.





Se pinchades nesta fermosa imaxe do Museo das Mariñas, poderedes xogar e aprender.  Podedes entrar como convidados.



A continuación podemos ver se nos quedaron claras algunhas das partes do traxe con esta ficha interactiva.



xoves, 7 de maio de 2020

Evolución da forma de bailar

Neste simpático vídeo podedes ver como evolucionou a danza dende 1950 ata agora. Cal vos gusta máis? que vos parece? deixade os vosos comentarios co voso nome e curso.

Colle algo para petar e toca conmigo!!!


Que tes na casa que se pareza a un instrumento. Busca que algo pola cociña haberá e interpreta esta peza de Mozart, lembras quen é? 



CON BOMBAS DE HARINA 2º



Xa dominas o "do"??? pois proba con esta peza. Primeiro escoitaa e logo toca a partitura!! Cando xa che saia podes gravarte e ensinarma se queres!!!!



venres, 1 de maio de 2020

OS MAIOS


"Os Maios" en Betanzos
No ano 2009 recuperáronse "Os Maios" en Betanzos.
O alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF), xúntase desde ese ano para cantar os maios o día 1 de maio, nunha das feiras máis importantes de Betanzos. O Vales tamén os acompañou algún ano.
Hoxe, non imos a sair con nosos arcos todos cheos de flores, debido á situación que estamos a vivir.
Dende a EMuF  quixeron ter este recordo neste día tan especial para toda a nosa xente de Betanzos e de fora de Betanzos. Se pinchades na foto poderedes ver un fermoso vídeo.

Feliz día dos Maios 



II

Este noso maio é o mes das flores
cando os paxariños cantan ledos os seus amores (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco.

Dúrmete miña neniña que os paxariños calaron
despertaranche as rosiñas, rosiñas do noso maio
rosiñas do noso maio, aila lelo aila lala lala

Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco







xoves, 23 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

venres, 3 de abril de 2020

MELODÍA GALEGA

Aí vai outra melodía galega, a a ver se a recoñecedes. Espero que vos animedes a intentar facer melodías cos vosos vasos, é moi doado, só tedes que ir probando como varía o seu son ao enchelo de auga.

 Podedes poñer o título nos comentarios, recordade poñer o voso nome e curso.

Retrouso


Estrofa

xoves, 2 de abril de 2020

Xogo para repasar os instrumentos

Aquí tedes este encrucillado para recordar os nomes dos instrumentos. No primeiro tedes as imaxes e no segundo só as definicións.
Esperamos que vos gusten. #quedanatuacasa.

Recoñece os instrumentos pola súa imaxe




 Adiviña de que instrumento se trata só cunha definición.

 

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...