venres, 16 de febreiro de 2018

Os animais _ Luar na Lubre


Vamos Bebendo

Imos aprender esta bonita poesía de Rosalía de Castro, mirade con que ritmo a interpretan o grupo O Val das Mouras. Espero que vos guste!

Teño tres pitas brancas e un galo negro
que han de poñer bos ovos andando o tempo;
i hei de vendelos caros polo xaneiro;
i hei de xunta-los cartos para un mantelo;
i heino de levar posto no casamento;
i hei..
- Pois mira, Marica, vai por un neto,
que antramentas non quitas eses cerellos,
i as pitas van medrando co galo negro,
para poñe-los ovos, e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos i o casamento
niña prenda da ialma vamos bebendo.