domingo, 29 de outubro de 2017

domingo, 22 de outubro de 2017

This is Halloween!

Imos escoitar e seguir o musicograma da canción "This is Halloween" da b.s.o da película "Pesadilla antes de Navidad". Para @s máis atrevid@s está tamén a partitura para practicala coa frauta, ánimo!


xoves, 5 de outubro de 2017

O NOSO CORPO

Imos aprender esta canción cos nomes dos ósos

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar palmadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!