Amosando publicacións coa etiqueta Frauta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Frauta. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







xoves, 7 de maio de 2020

CON BOMBAS DE HARINA 2º



Xa dominas o "do"??? pois proba con esta peza. Primeiro escoitaa e logo toca a partitura!! Cando xa che saia podes gravarte e ensinarma se queres!!!!



luns, 20 de abril de 2020

mércores, 25 de marzo de 2020

AMORIÑOS COLLÍN


Ola a todos, como vai esa cuarentena? Espero que o levedes o mellor posible. Propóñovos que collades a frauta, carillón, teclado, violín... e repasedes esta melodía do primeiro trimestre.
                                                                 
                                                  "Amoriños collín
 na beiriña do mar,
amoriños collín 
non os podo olvidar.
Non os podo olvidar, 
non os podo olvidar
amoriños collín 
na beiriña do mar."






domingo, 8 de marzo de 2020

ALALÁ DE BETANZOS




ANQUE CHE SON DAS MARIÑAS
ANQUE CHE SON MARIÑÁN
OS ZAPATIÑOS DE SEDA
I-OS CORDONCIÑOS DE LAN


A RAÍS DO TOXO VERDE
É MOI MALA DE ARRANCAR
OS AMORIÑOS PRIMEIROS
SON MOI MALOS D´OLVIDAR

luns, 13 de xaneiro de 2020

A Rianxeira

Imos interpretar coa frauta e coas placas o retrouso desta melodía tan coñecida, que xa cantamos no primeiro trimestre. Aquí tedes a partitura e as posicións da frauta, coidado coa nova nota o do agudo (do´).


O son do ar




luns, 14 de outubro de 2019

mércores, 10 de outubro de 2018

Comezamos coa Frauta

Imos comezar con estas dúas melodías, facendo click sobre cada  unha delas  podedes tocar sobre a base musical. Recorda, colle a flauta coa man esquerda tapando os buratos de atrás co dedo pulgar e o primeiro de diante co índice; o pulgar da man dereita debe apoiarse na zona raiada que hai detrás da frauta. Para soprar farémolo suavemente dicindo "du". Ánimo!









www.docentestic.es

luns, 1 de outubro de 2018

luns, 6 de novembro de 2017

PEQUEÑO PASEO MEDIEVAL

Imos aprender esta bonita melodía medieval. Pincha na imaxe para acceder á partitura e o vídeo para que resulte máis sinxelo repasar.


luns, 18 de setembro de 2017

Piratas do Caribe


"A maldición da perla negra" é a primeira peza musical que estamos a traballar en 6º de Primaria, e pertence á B.S.O. de Piratas do Caribe. A practicar!


Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...