domingo, 17 de xaneiro de 2016

ESPANTALLOS 2º




ESPANTALLOS 2º
(música “A Carolina”)

 partitura
preme na imaxe e poderás ver a partitura e escoitar a música

Os espantallos do Vales
levan todos un sombreiro
cando os espantallos bailan
os sombreiros van ao "suelo".

Viches os espantallos?
Eu vin, si señor
Dime por onde os viches?
Na horta como non
na horta como non
na horta como non
viches os espantallos?
Eu vin si señor!!

Os paxariños non bailan
polo espantallo da horta,
baila paxariño, baila
que o espantallo lle perdoa.

Viches os espantallos?
Eu vin, si señor
Dime por onde os viches?
Na horta como non
na horta como non
na horta como non
viches os espantallos?
Eu vin si señor!!

O espantallo está aburrido
ninguén vai xogar con el.
Os paxaros o vixían
cando durma van comer.

Viches algún paxaro?
Eu vin, si señor
Dime por onde os viches?
Ían pra o pabillón
Ían pra o pabillón
Ían pra o pabillón
viches algún paxaro?
Eu vin si señor!!


LABREGOS E LABREGAS 1º

preme na imaxe e poderás ver a partitura e escoitar a música

LABREGOS E LABREGAS

(música “A Rianxeira”)


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


O proxecto deste ano
é de eso da Voz Natura (Bis)
Sachamos e cociñamos
todo moi equilibrado
plantamos e sementamos
repolo, cenoria e nabos


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


A horta do noso cole
está a carón do instituto (bis)
e písannos os tomates
estamos case seguros,
que saltan cos seus zapatos
cando todo está escuro.


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


A terra nosa terriña
é boa pra traballare (bis)
con rastrillos e con sachos
limpamos e volteamos
coidado! Mira pra lúa
que non está no devalo.

Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.



Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...