domingo, 17 de xaneiro de 2016

LABREGOS E LABREGAS 1º

preme na imaxe e poderás ver a partitura e escoitar a música

LABREGOS E LABREGAS

(música “A Rianxeira”)


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


O proxecto deste ano
é de eso da Voz Natura (Bis)
Sachamos e cociñamos
todo moi equilibrado
plantamos e sementamos
repolo, cenoria e nabos


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


A horta do noso cole
está a carón do instituto (bis)
e písannos os tomates
estamos case seguros,
que saltan cos seus zapatos
cando todo está escuro.


Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.


A terra nosa terriña
é boa pra traballare (bis)
con rastrillos e con sachos
limpamos e volteamos
coidado! Mira pra lúa
que non está no devalo.

Os de primeiro, as de primeiro
viñemos a traballar.
Somos labregos,labregas
imos a horta sachar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...