luns, 21 de maio de 2018

PANDERETEIRAS DO VALES



Para festexar o día das letras galegas as pandereteiras do vales interpretaron dúas  pezas no recreo, da gusto escoitalas!  Así damos por finalizado os talleres de pandeiretas deste curso. 





martes, 15 de maio de 2018

Ballet "A pequena Margarita"

Un ano máis, con motivo da conmemoración do día do libro e o día da danza, puidemos disfrutar dunha sesión de ballet  interpretado polas nosas compañeiras. Gracias Tere!


venres, 11 de maio de 2018

A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







mércores, 2 de maio de 2018

Debuxos da Zanfona

Mirade que debuxos da zanfona fixeron os alumnos de 4º A, non falta detalle, son uns artistas.