domingo, 12 de novembro de 2017

A CURUXA



           Nós cantamos a canción da Curuxa, cunha coñecida melodía para buscar o silencio na clase de música. Agora imos aprendela nos carillóns.


Sería moi boa idea que en todas as casas houbera un para poder practicar. Aproveitade que veñen aí os Reis Magos!

Pincha na curuxa para acceder á partitura. A practicar!




luns, 6 de novembro de 2017

PEQUEÑO PASEO MEDIEVAL

Imos aprender esta bonita melodía medieval. Pincha na imaxe para acceder á partitura e o vídeo para que resulte máis sinxelo repasar.


Greensleeves

Na imaxe podedes acceder o wix que contén os vídeos e as partituras para interpretar esta peza medieval: Greensleeves.



sábado, 4 de novembro de 2017

domingo, 29 de outubro de 2017

domingo, 22 de outubro de 2017

This is Halloween!

Imos escoitar e seguir o musicograma da canción "This is Halloween" da b.s.o da película "Pesadilla antes de Navidad". Para @s máis atrevid@s está tamén a partitura para practicala coa frauta, ánimo!


xoves, 5 de outubro de 2017

O NOSO CORPO

Imos aprender esta canción cos nomes dos ósos

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar palmadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!






martes, 26 de setembro de 2017

Obertura de "Carmen" de G. Bizet

Preme na imaxe para acceder ó wix que contén o vídeo e o musicograma da "Obertura de Carmen" de G.Bizet. Con el, practicaremos os acompañamentos con percusión corporal e outros obxectos.


https://mariamartinezrico1.wixsite.com/carmenbizet







mércores, 20 de setembro de 2017

Posicións dos dedos na frauta doce (Dixitacións)


Preme na imaxe para acceder a unha aplicación que che axudará a aprender e practicar as posicións dos dedos nas distintas notas musicais. Terás que ir pinchando sobre cada nota e no debuxo aparecerá a súa dixitación.
Recorda que para esta semana debemos practicar a escala completa, para poder comezar a aprender a nova canción.



BSO Mary Poppins


Aquí tedes o wix coa partitura, audios e vídeos da canción da BSO da película "Mary Poppins". Pinchade na imaxe e... a practicar!





luns, 18 de setembro de 2017

Piratas do Caribe


"A maldición da perla negra" é a primeira peza musical que estamos a traballar en 6º de Primaria, e pertence á B.S.O. de Piratas do Caribe. A practicar!


venres, 15 de setembro de 2017

Canción para comezar con bo ritmo!

Preme na imaxe e poderás acceder ó wix da canción "Ho Hey" coa que estrenamos este curso 2017-2018 nos niveis de 5º e 6º. Comezamos con bo ritmo!


xoves, 15 de xuño de 2017

xoves, 25 de maio de 2017

FANDANGO DE BETANZOS

Estamos a aprender esta cantiga:


Inda que non digan, xa sei donde van
polas ferramentas que levan na man,
non son ferramentas para ir a segar
que son empanadas para ir merendar.

E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.

Con fogos e gaitas agarda a xente
todos aparcados na beira da ponte
van chegando as lanchas, con moita ledicia
todas alumadas, qu eparecen día.

E que orgullo temos, de ser betanceiros
cando embarcamos, para ir os caneiros
subindo a marea, é facil chegar
volteando á noite, volteando á noite , é fácil volcar.

venres, 19 de maio de 2017

MÚSICA POLAS LETRAS GALEGAS

A orquestra do Vales, pandereteiras e guitarras encheron con música galega o patio do cole para festexar o día das Letras Galegas. Bravo, bo traballo!

                             
  
   


martes, 16 de maio de 2017

O valse de Amélie


Premede na imaxe para acceder á nova canción que estamos a aprender nas clases coa frauta: "O valse de Amélie" da BSO da película "Amélie".








martes, 9 de maio de 2017

SOMBRAS CHINESCAS

Aquí tedes as posicións na flauta das notas que aprendemos este curso, recordade que os buratos en negro representan os buratos que hai que tapar, coa man esquerda, os buratos en branco son os que hai que deixar destapados. Ánimo, practicade soprando suave 2 minutiños cada día.





sábado, 6 de maio de 2017

I' m a believer (BSO de Shrek)


Aquí tedes o wix coa nova canción para frauta que traballaremos na clase: I'm a believer (BSO da película Shrek).



domingo, 23 de abril de 2017

PINOCHO

O xoves 27 de abril estamos invitados ao Conservatorio Superior de A Coruña para asistir a un concerto didáctico da banda sinfónica. Nesta ocasión irán 6º de EI e 2º EP.

OBRA: Suite Sinfónica “Pinocho”. 
COMPOSITOR: Ferrer Ferrán. 
MÚSICA EN DIRECTO: pola banda sinfónica do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. DIRECTOR: Fernando L. 
REPRESENTADA: polo alumnado de Pedagoxía do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. 

Pincha na imaxe para coñecer un pouco máis sobre o concerto.




sábado, 1 de abril de 2017

Xogamos?


Xogamos? é o título da nova peza que imos aprender con frauta e percusión en 4º de Primaria. A practicar rapazas e rapaces!




xoves, 30 de marzo de 2017

APRENDEMOS AS NOTAS DA ESCALA

Imos aprender as notas da escala musical. Se pinchas na imaxe atoparás xogos para que sexa máis divertido. No menú da esquerda podes atopar máis xogos musicais.



domingo, 19 de marzo de 2017

xoves, 16 de marzo de 2017

A MARCHA DO LEÓN

Aquí tedes a partitura que empezamos a aprender esta semana cos carillóns.





Pinchando na seguinte fotografía podedes practicar nun instrumento virtual.