martes, 6 de novembro de 2018

As familias de instrumentos

Aquí vos queda o enlace a un xogo sobre os instrumentos e as súas familias.



O xogo está en inglés pero é moi sinxelo. Catro familias:

  • Woodwind: vento-madeira
  • Brass: vento-metal
  • Percussion: percusión
  • Strings: cordas
*O robot móvese coas frechas do teclado.

A Orquestra Sinfónica

Se queres coñecer a historia da orquestra e de onde procede o seu nome preme na seguinte ligazón:

Instrumentos da orquestra sinfónica



Imagen relacionada

domingo, 4 de novembro de 2018

luns, 29 de outubro de 2018

PAISAXES SONORAS

Raymond Murray SCHAFER (Sarnia18 de xulio de 1933)
 é un compositorescritoreducador, pedagogo musical e ambientalista canadiense, recoñecido polo seu «Proyecto del Paisaje Musical del Mundo», preocupacións pola ecoloxía acústica, e o seu libro The Tuning of the World (de 1977).



Pincha na imaxe se queres escoitar unha conferencia do compositor

Nós estamos aprendendo unha forma moi sinxela de realizar unha  paisaxe sonora. Recordade subila na tarefa "Paisaxe sonora". Seguiremos  practicando e creando novas paisaxes sonoras

mércores, 17 de outubro de 2018

LOS ESQUELETOS


Imos aprender esta melodía, tan típica destas datas. Pincha na imaxe para ver a partitura e os vídeos. JA JA JA JA


mércores, 10 de outubro de 2018

Comezamos coa Frauta

Imos comezar con estas dúas melodías, facendo click sobre cada  unha delas  podedes tocar sobre a base musical. Recorda, colle a flauta coa man esquerda tapando os buratos de atrás co dedo pulgar e o primeiro de diante co índice; o pulgar da man dereita debe apoiarse na zona raiada que hai detrás da frauta. Para soprar farémolo suavemente dicindo "du". Ánimo!









www.docentestic.es

luns, 1 de outubro de 2018

venres, 28 de setembro de 2018

Repaso do nome das notas musicais

Coa seguinte aplicación poderás repasar o nome das notas musicais. Preme na imaxe para acceder.

http://www.cuchuflete.es/aula/flash/notas.swf



Se non conseguides entrar na aplicación anterior para practicar, podedes repasar os nomes das notas na seguinte imaxe.





luns, 18 de xuño de 2018

BETANBRASS




Hoxe as aulas de 2º e as aulas dos compañeiros dos músicos e músicas, tivemos a sorte de asistir a un concerto didáctico da agrupación de metais do Conservatorio Municipal de Betanzos "Betanbrass" onde puidemos ver e escoitar os instrumentos da familia de vento metal. Moitas gracias!

luns, 21 de maio de 2018

PANDERETEIRAS DO VALES



Para festexar o día das letras galegas as pandereteiras do vales interpretaron dúas  pezas no recreo, da gusto escoitalas!  Así damos por finalizado os talleres de pandeiretas deste curso. 





martes, 15 de maio de 2018

Ballet "A pequena Margarita"

Un ano máis, con motivo da conmemoración do día do libro e o día da danza, puidemos disfrutar dunha sesión de ballet  interpretado polas nosas compañeiras. Gracias Tere!


venres, 11 de maio de 2018

A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







mércores, 2 de maio de 2018

Debuxos da Zanfona

Mirade que debuxos da zanfona fixeron os alumnos de 4º A, non falta detalle, son uns artistas.

 







luns, 23 de abril de 2018

OS MAIOS

Un ano máis a  EMUF invítanos a celebrar con eles os maios cantando o día 1 de maio ás 12 no atrio de Santo Domingo. O alumnado de 1º e 2º que queira participar, debe asistir ao ensaio xeral que terá lugar na escola municipal de folklore (San Francisco) este mércores 25 ás 17.30h, donde aprenderemos as letras e nos indicarán o tema de vestiario.




II

Este noso maio é o mes das flores
cando os paxariños cantan ledos os seus amores (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco.

Dúrmete miña neniña que os paxariños calaron
despertaranche as rosiñas, rosiñas do noso maio
rosiñas do noso maio, aila lelo aila lala lala

Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco