xoves, 15 de outubro de 2020

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén.

                                                                     

          3º                                                                                                    4º


Recordade traer para a semana que vén unha tapa dunha caixa para practicar o ritmo do pandeiro cadrado que aprendemos.

sábado, 26 de setembro de 2020

Aula Virtual

 Como xa vos explicamos en clase, este curso imos ter todo o traballo de cada semana na aula virtual, para que poidades seguir as clases dende casa, repasar as actividades que fixemos ou facer as fichas interactivas que vos vaiamos poñendo.

Tedes que entrar na páxina do cole:

Google>Ceip Vales Villamarín>Aula virtual>elexides o vosos curso>música, ai atoparedes o libro do 1º trimestre coas actividades da clase. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/


xoves, 18 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Bueno, xa chegou! Remata este curso tan diferente... Queremos felicitarvos,  tanto a vós como ás vosas familias, fostes uns auténticos campións.
Agora chega o verán e toca descansar, tédelo merecido. Aproveitade todo o posible e collede forzas para o próximo curso no que espero que poidamos cantar, bailar e tocar xuntos de novo.

Deixámosvos una estrofa desta bonita cantiga de Luar na Lubre como despedida. Pincha na imaxe.

Ai vos vai a despedida
Ai vos vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira


https://youtu.be/FuiC6oAhPZ0?t=190

  Unha aperta das vosas profes de música!! Feliz verán!!

FLAUTISTAS 2ºA

Buscando, buscando ,rescatei estes vídeos de hai anos, nesta entrada e nas seguintes podedes ver o ben que o facían xa sendo tan pequenos, os compañeir@s de 6º, que marchan para ao instituto. A ver se os coñecedes.



RONDÍN PICOTÍN


SOUVENIR DE VALS



CON BOMBAS DE HARINA




FLAUTISTAS 2º B


PERCUSIONISTAS 1ºD

CAMPANITAS
DEBAJO DE UN BOTON

FLAUTISTAS 2ºC

RONDÍN PICOTÍN



SOUVENIR DE  VALS


Súper Flautistas 2º E

SOUVENIR DE VALS



CON BOMBAS DE HARINA



RONDIN PICOTIN




O baile do Pingacho

Recuperamos este vídeo de hai 6 anos para aprender este baile tan divertido. Coñecedes a alguén?

1º D


2º D O baile do Pingacho


A CANCIÓN DE FLORA

En 2º A compuxemos unha fermosa melodía entre todos para a canción de Flora do seu libro "O segredo de Flora" de edicións embora.

Primeiro analizamos a letra vendo cantas sílabas había en cada frase, despois eliximos as notas que ían formar a nosa melodía ; eliximos entre si,la e sol para poder tocala na frauta, xa que este ano foron as notas que aprendemos. Resultou unha experiencia motivadora e moi interesante.


           











Este foi o resultado. Bravo rapaces!







domingo, 14 de xuño de 2020

Repasamos os instrumentos da Orquestra

Hoxe imos repasar os instrumentos da orquestra vendo este vídeo da guía orquestral para xóvenes de Britten e contestando ás preguntas que van aparecendo. Esperamos que vos guste.


luns, 8 de xuño de 2020

Trivial Musical

Apetéceche un trivial musical?

Nivel 1                                                                                            Nivel 2
https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html


mércores, 3 de xuño de 2020

Cales son os teus gustos musicais??


Mirade este vídeo e prestade atención aos diferentes XÉNEROS MUSICAIS que vos amosamos.

OLLO!! Hai un sen nome. A ver quen de vós sabe de que xénero se trata. Douvos unha pista: ten moito que ver coa PDI "Eu son Galicia". Podes deixar un comentario se o sabes. 



Xa sabedes que existen un montón de xéneros musicais e cada quen ten uns gustos diferentes. Entra nesta ficha interactiva e amósanos cales son os teus. Nesta ocasión ao terminar soamente teredes que por o voso NOME + APELIDOS e CURSO + GRUPO,  e xa nos chegarán as vosas respostas. Sorprendédenos!!!!!




domingo, 24 de maio de 2020

PRACTICAMOS RITMOS

Esta semana, imos repasar e practicar os ritmos.



Agora da palmas ao ritmo, podes dicir as sílabas ta e titi, facer as negras cos pés e a s corcheas coas mans....






Tamén imos bailar un pouco, a ver se vos acordades!



Por último faremos esta ficha de recoñecer ritmos. Enviádema ao correo colevales.edmusical@gmail.com (Ana)
 5e.coronavirus@gmail.com (María)

mércores, 20 de maio de 2020

Himno de Galicia

Se pinchades na seguinte imaxe poderedes  aprender un poquiño sobre o Himno Galego, a súa historia, autores, música e partitura.



Imos practicar a linguaxe musical con esta ficha interactiva. Cando rematedes podedes mandala ao correo da vosa profe de música
Ana:  colevales.edmusical@gmail.com
María:  5e.coronavirus@gmail.com

Himno galicia, una ficha interactiva de amvillanueva
liveworksheets.com


Se vos apetece aprender a tocar o himno coa frauta é moi sinxelo, mirade o video e intentádeo. Encantaríanos poder tocar todos xuntos, pero de momento non pode ser...  se queredes mandádenos o vídeo do concerto ao correo.
Ana:  colevales.edmusical@gmail.com
María:  5e.coronavirus@gmail.com




luns, 18 de maio de 2020

A palabra ten vida

Este pasado domingo 17 celebrouse en Galicia O "Día das letras galegas". Este ano como ben sabedes adicouse ao escritor Carvalho Calero. 

Para celebralo imos escoitar esta canción de Paco Nogueiras que realizaron xs nenxs dun cole de Viveiro hai uns aniños para celebrar este día. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS!!!!


xoves, 14 de maio de 2020

O traxe das Mariñas



  Imos profundizar un pouquiño no traxe galego, centrándonos nos da nosa zona, a zona das Mariñas. Contamos co material que nos proporcionou a Escola Municipal de Folklore  e que podedes ver nestas imáxenes. Ademais un dos modelos é un neno do noso cole ; ) Graciñas mil.





Se pinchades nesta fermosa imaxe do Museo das Mariñas, poderedes xogar e aprender.  Podedes entrar como convidados.



A continuación podemos ver se nos quedaron claras algunhas das partes do traxe con esta ficha interactiva.



Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...