xoves, 28 de novembro de 2019

lacon con grelos




LACÓN CON GRELOS

Moi boas tardes teñan vostedes
cantarlles vimos unha canción,
vimos cantarlles para alegrarlles
e pra comerlles catro lacóns.

Si nos dan cuartos non llos queremos
porque non somos tan pedichóns
nós só queremos lacón con grelos
e unhas pouquiñas papas de arroz.

Aquí lle somos de moi bo dente
comemos todo canto nos dán
polos, cacheira, raxo e xurelos
lacón con grelos e mazapán.

Si nos dan cuartos non llos queremos
porque non somos tan pedichonas
nós só queremos lacón con grelos
arroz con leite e unhas filloas.

Nós non gostamos do pan sequiño
e só con viño pode pasar
escoiten temos a gorxa seca
e non podemos despois cantar

Si nos dan cuartos non llos queremos
porque non somos tan pedichóns
nós só queremos lacón con grelos
arroz con leite e unhas filloas.


Si nos dan cuartos non llos queremos
porque non somos tan pedichóns
nós só queremos lacón con grelos

e unhas pouquiñas papas de arroz. (x3)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...