martes, 17 de marzo de 2020

Ed. Musical

Durante este tempo no que estaremos sen asistir ao centro é unha ocasión fantástica para facer actividades musicais en familia, non vos parece? Propoñémosvos que aproveitedes para facer algunha destas actividades cada día:

1. Bailar. Repasade os bailes que aprendemos no cole e que os vosos pais vos ensinen outros bailes.

2. Cantar. Ensinádelle algunha cantiga aos vosos pais e que eles vos ensinen algunha a vós.
3. Tocar un instrumento: frauta, carillón, cunchas, pandeireta, tambor, cazuelas, batería reciclada...

No vales musical podedes atopar moitas ideas e xogos para repasar algo de linguaxe musical, instrumentos... e iremos subindo máis suxerencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...